O GMPP denuncia o retraso de máis dun mes na entrega dos cheques escolares municipais

O Grupo Popular denuncia que logo de algo máis dun mes de que comezasen as clases, as familias de Lugo seguen á espera da resolución do Concello para a adxudicación dos cheques escolares municipais. A concelleira do PP, Mari Teijeiro, lembrou que se trata dun vale canxeable por libros de texto e material educativo que se concede a familias con rendas moi axustadas “cuxa renda per cápita neta anual non supere os 5.000 €”.

A popular pide axilidade na tramitación desta axuda que supón “un apoio económico para familias,con nenos de 3 a 5 anos de idade, con rendas moi axustadas”. As bases que regulan estas axudas publicáronse nun decreto do pasado 5 maio e a convocatoria, á cal se presentaron 612 peticións, abriuse entre o 12 de xuño ao 1 de xullo. As listas provisionais publicáronse o 4 de setembro cun prazo de dez días para presentar alegacións.

“O Concello comprometeuse nunha nota informativa colocada nos taboleiros de anuncios que unha vez finalizado o devandito prazo procedería a publicación definitiva dos beneficiarios e a entrega dos vales”. A concelleira popular considera “grave e inxustificable que pasara un mes dende este anuncio e que ainda non se coñeza nin tan sequera a listaxe definitiva das familias que recibirán o vale pese a que hai unha consignación prevista de 36.500 €”.

“Os perxuizos desta falla de previsión afecta tamén ás librerías de Lugo xa que hoxe mesmo tiñan como data límite para facer a devolución ás editoriais do material reservado”. Mari Teijeiro afirmou que “a falla de dilixencia do goberno local está complicando tramitacións dun proceso que debería estar a estas alturas pechado” indicando que a data límite para xustificar as compras con cheques é dentro de quince días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com