O GMPP denuncia que o fracaso da recollida de silos “porta a porta” no rural podería conlevar sancións económicas

O Grupo Municipal do Partido Popular considerou esta mañá que “o modelo de recollida, porta a porta, de plásticos agrícolas está fracasando porque nin se informou aos beneficiarios deste sistema de forma axeitada, nin se realiza un control dos catro antigos puntos de acopio que hai no Burgo, San Xoán do Campo, Coeses e Bóveda”, así o explicou o edil popular Manuel López.

O concelleiro facía esta reflexión tras comprobar que a fórmula elixida polo goberno para retirar os silos das explotacións gandeiras e agrícolas están a fracasar por fallos na súa xestión e pola desinformación sobre o seu funcionamento e puntualizou que se podería facer un díptico e buzonealo polas parroquias.

O popular indicou que “a proba evidente de que non funciona este sistema é que logo de que se limparan estes puntos de acopio e se sinalizara a prohibición de botar lixo, algúns deles como o de O Burgo ou o de Coeses volven ter basura propia dun punto limpo”.

Manuel López alerta también de que “non se erradicaron os vertedoiros incontrolados” e amosou a súa preocupación polo que tildou de “descontrol” e asegurou que, incluso, “na contorna dos colectores que hai en parroquias como Camoira ou O Veral, se acumulan dende hai meses colchóns, mobiliario, sanitarios ou outros restos de construcción”.

Neste senso, o Grupo Municipal do Partido Popular insta aos socialistas a que velen polo correcto desenvolvemento do servizo de recollida de silos porta a porta no rural recordando a indemnización por danos materiais que xa tivo que pagar o Concello de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com