A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Encarna Amigo pide novas instalacións para a Escola Municipal de Música de Lugo, “tendo en conta que as actuais quedaron obsoletas e xa non responden as necesidades”.
Nesa liña, os populares instan os socialistas a” iniciar canto antes os estudos para un emprazamento máis adecuado”, polo que solicitan ao goberno municipal que estuden alternativas “partindo da premisa de optimizar os recursos públicos incluíndo tamén todas as instalacións coas que conta o Concello”. Os populares suxiren, entre outras posibilidades, as novas dotacións da vella cárcere, a Casa da Xuventude ou algunha dependencia do Fogar de Santa María.
Encarna Amigo, que incide en que “o bo facer dos docentes e as ganas de aprender dos estudantes non deben verse afectados nin mermados polas condicións en que se imparten as clases. Se trata xa non só de mellorar a contorna académica senón de dignificar e mellorar a imaxe pública dun centro con tanta demanda, xa que tanto o número de solicitudes de inscrición que recibiu este curso (980) como a cantidade de persoas que nela fórmanse (máis de medio milleiro) demostran claramente o éxito e o interese que suscita entre os lucenses esta iniciativa. Está claro que non podemos seguir coa sensación de provisionalidade e de transitoriedad que ofrecen as instalacións actuais”, insistiu Amigo.
Por último, a edil popular lembra que o pleno municipal decidiu a posta en marcha desta dotación educativa tras unha iniciativa que presentou o Grupo Municipal do Partido Popular na sesión de setembro de 2011, “na que ademais de pedir a potenciación da Banda Municipal de Música, reclamábase a creación dunha Escola Municipal de Música, “que servise tanto para formar afeccionados como para cubrir unha demanda que permitía cumprir unha función social, formativa e cultural, á vez que se garanta un acceso máis amplo á música”.