O GMPP solicita un plan de mantemento dos lavadoiros públicos catalogados

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López propón ao goberno local que leve a cabo un plan plurianual para conservar e poñer en valor os lavadoiros públicos que hai no concello.

O edil puntualizou que “no inventario municipal contabilízanse 68 construccións das cales XXX están catalogadas no Plan Xeral”. Para os populares é necesario que os socialistas adopten unha decisión sobre o futuro destas construcións xa que “a práctica totalidade dos que figuran nesta listaxe ou ben desapareceron ou están en ruínas, abandonados ou cubertos de maleza”.

Un dos casos máis chamativos é o de Pedreda “oculto por completo pola maleza” e que se trata dunha construción catalogada e, por tanto, protexida.  Os populares tamén destacaron os lavadoiros que desaparecen co paso do tempo, como é o caso do lavadoiro do Miño no barrio da Ponte ou o de Bacurín.

Manuel López manifestou que, logo de facer unha radiografía da situación na que se atopan estas edificacións, e que “mentres non se defina a estratexia de traballo para dignificar estas construcións, se faga de inmediato unha limpeza da maleza “.

O popular advirte que “é un sin sentido que deixemos que acaben nunha ruína estas construcións protexidas, e que logo o montón de pedras no que acaben segan condicionando as actuacións que fagan os veciños do entorno.

O edil do Grupo Popular explicou que “unha vez restaurados, limpos e con auga se podería estudar a posibilidade de aproveitar estes tesouros etnográficos para fins turísticos incorporandoos ás rutas de sendeirismo”

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Manolo Quiñoá Táboas
    Ago 08, 2016 - 07:13 PM

    O meu can pillou unha mosca

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com