O GMPP solicita unha cuberta desmontable para a piscina exterior de Frigsa

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, reclama ao goberno municipal a instalación dunha cuberta desmontable para a piscina exterior de Frigsa. O popular detalla que esta medida se enmarca nun plan de acción “concreto e global” do Grupo Municipal do Partido Popular para que as dotacións públicas do Concello de Lugo se poidan utilizar “durante todo o ano” e así poder “optimizar” os investimentos económicos realizados.

Castiñeira explica que se trata dunha “vella reivindicación” tanto dos deportistas profesionais como amateurs e que o Partido Popular incluíra no programa electoral co que concorreron ás eleccións municipais de 2015 “e que avalaron maioritariamente os lucenses cos seus votos”. Nesa liña, os populares trasladarán unha iniciativa ao pleno do 26 de novembro para que os orzamentos municipais de 2016 inclúan unha partida específica para esta acción, co obxectivo de que as instalacións se poidan empregar durante todo o ano. “É necesario sacar o máximo rendemento posible e durante o máximo tempo posible ao longo de todo o ano”, insiste Jaime Castiñeira, quen urxe aos socialistas a “unha aposta real e decidida polo deporte e por todas as disciplinas”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com