O Goberno da Deputación aproba 3,1 millóns de euros en impulso do emprego, das políticas sociais e do rural

O Presidente, Darío Campos Conde, acompañado polo Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, informou este luns que o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno investimentos de 3,1 millóns de euros en impulso do emprego, das políticas sociais e do rural. “As políticas de actuación deste Goberno xiran ao redor destes tres piares co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades nunha provincia, como Lugo, envellecida, cunha ampla dispersión da poboación e afectada polo despoboamento demográfico. E todo isto, para atender aos máis de 350.000, facendo que esta institución sexa unha Deputación coas persoas, unha Deputación social e unha Deputación co rural”, apuntou o titular provincial.

Campos Conde explicou que “baixo esta premisa”, o Goberno aprobou na sesión deste luns investimentos de 3,1 millóns de euros, que “inxectamos na provincia dende diferentes vertentes, que conflúen nun mesmo fin: atender ás persoas”.

Inxección económica de 435.000 euros dende os Concellos.  O

Presidente avanzou que se aprobou o inicio da contratación dos primeiros traballos, dotadas de 103.700 euros, da construción dun centro de maiores público en Becerreá. Consisten na demolición do inmoble do antigo fogar escola e no acondicionamento dunha parcela de case 6.000 metros cadrados, onde se situará a residencia e centro de día. Acordouse achegar 135.000 euros á construción dun paseo peonil en Sargadelos, no Concello de Cervo; 40.000 euros á dotación dunha pista multideportiva no municipio de Láncara; 39.700 euros para o arranxo da cuberta do pavillón deportivo da parroquia de Sante, en Trabada; 28.800 euros para a mellora dos accesos públicos ao centro sociocultural de Mosteiro, en Pol; 41.900 euros para a posta en marcha dun proxecto de fomento deportivo na Pobra do Brollón; e 45.700 euros para traballos arqueolóxicos no Castro de Castelón e no Chao de Penaparda, na Fonsagrada.

Campos Conde remarcou que “en todas as Xuntas de Goberno, estamos a levar investimentos aos 67 Concellos da provincia, sen discriminación algunha. Facémolo, custeando actuacións concretas, que responde ás específicas necesidades dos veciños da cada municipio, como as que hoxe aprobamos; ou a través de programacións provinciais.

 Máis de 10 millóns de euros

Deste xeito, o Presidente apuntou que “no 2016, a maiores dos investimentos para actuacións concretas nos 67 Concellos; o Goberno da Deputación levou a todos os Concellos 8 programacións provinciais, que adaptou ás necesidades de cada municipio, recolléndoas en convenios por Concello e programación, ata elaborar 528 convenios. Isto permitiu inxectar nas arcas municipais máis de 10 millóns de euros, que se distribuíron en base a criterios obxectivos, e que cumpren cos obxectivo do Executivo na provincia: fomentar o emprego, as políticas sociais e os servizos públicos no rural”.

212 novos empregos en 195 empresas e entidades da provincia

Pola súa banda, o Vicepresidente Álvaro Santos Ramos, informou que nas vindeiras semanas, o goberno da Deputación publicará os 212 perfís laborais que reclaman estas 195 empresas empresas e entidades sen animo de lucro na provincia, e abrirá o prazo de solicitude para que desempregados ocupen estes novos postos de traballo.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com