O Goberno Municipal convoca unha Oferta de Emprego Público con 25 prazas

A Xunta de Goberno aprobou este venres a Oferta de Emprego Público para o ano 2016 –sometido á Mesa Xeral de Negociación do pasado 15 de decembro, composta tanto polo Goberno como por sindicatos-, con 25 prazas. A continuación, o Concello poñerá en marcha os procesos selectivos para cubrir cada posto.

Deste xeito, o Goberno convoca por segundo ano consecutivo unha Oferta de Emprego Público, incluíndo prazas cubertas interinamente, as vacantes en Bombeiros procedentes das xubilacións do ano 2015 e as de promoción interna.

Prazas a convocar:

1 Sarxento de Bombeiros. Promoción interna

2 Administrativos. Promoción interna

6 Bombeiros Condutor. Libre

1 Oficial Vixiante Recaudador. Diversidade funcional

2 Auxiliares Administrativos. Libre

1 Enxeñeiro de Camiños Promoción Interna

2 Arquitectos. Libre

3 Cabo Bombeiro. Promoción Interna

1 electricista. Promoción Interna

2 Oficiais Policía Local. Promoción Interna

3 Inspector Policía Local. Promoción Interna

1 Inspector Principal Policía Local. Promoción Interna

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com