O Goberno da Deputación destina 6 millóns de euros ao Plan Integral da rede viaria provincial do 2016

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, adiantou este venres que o Plan Integral da rede viaria provincial do 2016, que puxo en marcha o Executivo Provincial, acadará os 6 millóns de euros. Así o avanzou tras a Xunta de Goberno, na que se contrataron novas actuacións de 1,2 millóns de euros, que suman ás xa adxudicadas con outros 3,7 millóns, así como ás de preto de 1 millón que se aprobarán nas vindeiras sesións. “Isto suporá que o Plan Integral do 2016 acada os 6 millóns de euros”, explicou Campos Conde.As obras de 6 millóns de euros lévanse a cabo en 40 estradas de 26 Concellos, mellorando preto de 120 quilómetros, principalmente, con aglomerado en quente, slurry (material antiesvarante) e rego asfáltico.

1,2 millóns de euros

O  Executivo aprobou hoxe na Xunta de Goberno obras en 7 estradas provinciais por valor de 1,2 millóns de euros, que son as seguintes: As Nogais: mellora dun treito de 2 quilómetros da LU-P-3702, das Nogais por Nullán a Lamas”, con 100.500 euros. “Con estes traballos beneficiaremos aos máis de 500 veciños que residen nesta zona, así como ás pequenas empresas, como panaderías ou comercios, que se atopan ao pé desta estrada”, apuntou o Presidente. En Trabada: mellora dun treito de máis de 3 quilómetros da LU-P-5204, de Vidal a Regocorto, con máis de 136.000 euros. “Con estes traballos, beneficiaremos aos 100 veciños que viven na zona, así como aos negocios que se atopan ao pé desta vía”. En Lugo: mellora de preto de 3 quilómetros da LU-P-2904, de Conturiz ao Páramo, con 130.700 euros. Trátase dunha vía moi transitada, non só polos veciños da zona, senón por centos de visitantes a lugares próximos, como a Fervenza. En Ribas do Sil: mellora de varios treitos dun total de 6,7 quilómetros da LU-P-5303, de San Clodio por Torbeo, con 359.400 euros.  Esta é unha estrada con moito transito, pois une Ribas de Sil con Castro Caldelas, na provincia de Ourense. Na Pastoriza: un treito de case 1 quilómetro da LU-P-3006, de Meira á Pastoriza, beneficiando aos milleiros de veciños de ambos os dous municipios que a empregan a cotío. E un treito de 10 quilómetros da LU-P-4404, de Riocabo por Piñeiro e Aldurfe, ás Rodrigas. Esta tamén é un vía moi transitada, pois une Meira e A Pastoriza con Riotorto. O conxunto destes traballos contan cun orzamento de 400.200 euros. En Pantón: mellora de preto de 3 quilómetros da LU-P-4109, de Ferreira a Goián, con máis de 93.400 euros. Destacar que esta vía serve de enlace entre Pantón e a vía rápida que une Monforte de Lemos con Lalín, ao tempo que é o principal acceso á igrexa de Ferreira de Pantón.

Outros 3,7 millóns

Estas obras engádense ás de 3,7 millóns de euros xa adxudicadas, executadas ou en execución, e que son as seguintes: Vilalba/Xermade: arranxo de 2,2 quilómetros da LU-P-6513, de Vilalba a Camposo de Fozo de Penamaior e rampla a Xermade”, con 140.245 euros. Lourenzá: arranxo de 3,3 quilómetros da LU-P-2801, de Santo Tomé, por San Adriano e Augasoxa, a Mazo, con 268.425 euros. Baleira: arranxo de 1,2 quilómetros da LU-P-0403, dende a LU-530, por rego de Pereira, a Quintá, con 76.345 euros. Abadín: arranxo de 1,2 quilómetros da LU-P-0102, de Fontevella ao Carrizal, con 372.088 euros. Friol: arranxo de 3,3 quilómetros da LU-P-2101, de Friol A Parga, con 300.012 euros. Vilalba: arranxo de case 1 quilómetro da LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín, con 72.069 euros. A Pontenova: arranxo de 11 quilómetros da LU-P-1904, de Fonsagrada a Pontenova, con 295.725 euros. Pol: arranxo de 1,5 quilómetros da LU-P-4603, de Torneiros, por Hermunde a Pol, con 86.470 euros. Xermade: arranxo de 2 quilómetros da LU-P-2204, de Momán ás Pontes a Porto Souto, con 414.515 euros. Becerreá: arranxo de 6 quilómetros da LU-P-0707, de Armesto, por Tores, Ás Nogais, con 1.000.000 euros. A Pobra do Brollón: arranxo de 2 quilómetros da LU-P-4713, da Pobra do Brollón á LU-652, con 20.000 euros. Monforte de Lemos: arranxo de 2,1 quilómetros da LU-P-3202, de Monforte de Lemos a Currelos, con 23.000 euros; arranxo de 1,4 quilómetros da LU-P-3203, de Monforte a Rozabales, con 13.400 euros. Lugo: arranxo de 700 metros da LU-P-2911, dende a Ponte Romana á Igrexa de San Lázaro, no Club Fluvial, con 55.000 euros. Arranxo dun treito de 3,1 quilómetros paseo do Río Rato LU-P-2925, con 35.000 euros.Sober: arranxo case 1 quilómetro da LU-P-4105, con 57.400 euros.Antas de Ulla: arranxo de 600 metros da LU-P-1809 e LU-P-0304, con 56.000 euros.O Incio: arranxo de 2 quilómetros das LU-P-2501 e LU-P-4706, con 90.000 euros. Samos: arranxo de 1,4 quilómetros da LU-P-5601, con 90.000 euros. Folgoso do Courel: arranxo de baldóns na LU-P-1301 e na LU-P-1303, con 18.000 euros. Muras: arranxo de 6 quilómetros en varias estradas, con 30.000 euros. Ourol: arranxo de 5,8 quilómetros varias estradas, con 30.000 euros. Baralla-Castroverde: arranxo de 11 quilómetros da LU-P-0502, con 44.000 euros. Vilalba: arranxo de 700 metros  LU-P-6512, con 27.000 euros.

Preto de 1 millón

Nas vindeiras Xuntas de Goberno, o Executivo da Deputación aprobara a contratación de melloras en máis estradas provinciais con preto de 1 millón de euros do 2016 xa comprometidos. Son melloras en vías dos municipios da Pontenova, co arranxo de 4 quilómetros da LU-P-4802; Sober, co arranxo de 2,5 quilómetros da LU-P-5903; e das Nogais, co arranxo de 7 quilómetro da LU-P-3701.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com