O Goberno da Deputación financia 132 actuacións no Sur e na Mariña por valor de 834.600 euros

O Goberno da Deputación financiou con 834.600 euros un total de 132 actuacións, 60  na Zona Sur e 72  na Mariña que favorecen a actividade agrogandeira, pesqueira e a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos de concellos do Sur Lugués, aos que pertencen os colectivos veciñais beneficiados das axudas do plan de impulso ao sector primario e ao rural.

Estes municipios son os de Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada na Zona Sur. Na Mariña os municipios son os de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Zona Sur

Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 8 axudas de 62.435 euros para a recuperación de terras abandonadas, que agora están a producir. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

Impulso ao sector vitivinícola coa mellora de viñedos. 17 axudas de 88.782 euros foron para o acondicionamento de viñedos.

Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 5 axudas de 23.912 euros para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 9 axudas de 98.136 euros para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 7 axudas de 85.071 euros para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 14 axudas de 85.255 euros para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Na Mariña

O número de actuacións (72) é o mesmo que o de axudas económicas concedidas a outras tantas asociacións de veciños da Mariña, que participaron no proceso público de concorrencia competitiva e aberto a toda á cidadanía, posto en marcha ao abeiro de dito plan.

Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 4 axudas duns 20.477 euros para a recuperación de terras abandonadas, que agora están en produción. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

Impulso ao sector pesqueiro contribuíndo á pesca de baixura. 31 axudas de case 89.500 euros para melloras en embarcacións de pesca de baixura e dotación de novo equipamento.

Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 13 axudas de 61.432 euros para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 11 axudas de 124.443 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 7 axudas de 60.200 euros para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 6 axudas de 34.905 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com