O Goberno da Deputación lamenta que o PP non condene o acto delictivo que destrozou unha estrada

Máis de 24 horas despois de ter coñecemento do destrozo intencionado da estrada provincial de Alto do Valiño por Vilaxuste a Valdeporrás, en Portomarín, o Grupo Provincial do Partido Popular garda silencio. A voceira socialista do Goberno da Deputación, Pilar García Porto, lamenta que, “diante dun feito tan grave que danou un ben público e que puxo en perigo ás persoas, o PP, que parece que tanto se preocupa polo estado das vías provinciais, non condene taxantemente este acto delictivo”.

A voceira recalcou que “calquera formación política democrática, que defende e que participa nun Estado de Dereito ten que condenar estes feitos. Pero como tantas veces, xa vemos que a defensa dos valores sociais e da democracia que fai o PP e tan só de boquilla, un paripé”.

Os socialistas lucenses lembran que a páxina web oficial do PP non tiña ningunha mención ó sucedido nin o mércores nin tampouco durante a mañá deste xoves, e que non se produciu ningún tipo de comunicado de condena. “Non quero pensar que a mensaxe implícita que manda o PP é que o vandalismo non fai falta condenalo se serve aos intereses políticos propios”, dixo García Porto, nin tampouco que “este silencio atronador” xustifique as “a algún dos seus representantes políticos na zona, que xa é casualidade que tiveran dende primeira hora da mañá de onte un equipo da televisión pública galega á súa disposición e que, en vez de condenar os feitos, mostrou a súa comprensión e mesmo se xactaba de que a Deputación tería que plantar algo nesa estrada, algo que demostra unha gravísima  irresponsabilidade. Que dirían se fose ó revés?”.

Para García Porto, “o PP da provincia de Lugo debería reflexionar e pensar se quere propoñer como liña de acción institucional o matonismo político. Isto é, cando eu considero que algo se retrasa ou non se fai como eu quero, está ben meter un tractor, un arado, e romper todo, así hai que amañalo. Se isto é o que propón o Partido Popular, deberían pensar que, con ese sen sentido, e ante o dilatado mapa de incumprimentos e atrasos da Xunta, Galicia ía ser unha escombreira en poucas semanas”.

A voceira socialista lembrou que a Deputación presentou unha denuncia ante os feitos e que esixirá responsabilidades civís e penais por uns destrozos “que custan 90.000 euros, que non son da Deputación, senón que son de todos os veciños e veciñas da provincia”. Neste sentido, avanzou que, tras botarse zahorra, os vehículos poderán transitar pola estrada de xeito provisional ata que non se completen as obras necesarias.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Xul 15, 2021 - 05:08 PM

    Waalaaaaaaa!!
    Que destrozo, y ninguno lo paró.?

    Reply
  2. Anónimo
    Xul 15, 2021 - 04:56 PM

    É seguimos con y tu más.
    Seguro que por algunha razón se fixo. E sabendo, pero non interesa recoñecer os feitos

    Reply
  3. Anónimo
    Xul 15, 2021 - 03:04 PM

    Triste que teñan que facer esta desfeita para que os tomen en serio.
    Non é o momento de buscar culpable do feito e momento de arranxar o problema xa que os auténticos culpables son as administracións que non fan ben o seo traballo.
    Eo deixaría de buscar culpables é pediríalles perdón os veciños e usuarios desta vía por teren que chegar a reibindicar con outra desfeita.
    Menos fotos e mais xestión.

    Reply
  4. Anónimo
    Xul 15, 2021 - 03:02 PM

    Pero quén fixo isto? Dende logo catro rapaces de NN XX coas suas palas e ratrillos da Praia, no o creo. Quén puxo maquinaria para facer iso? Niguén viu nada? Por qué no hai posado fotográfico de xentes do PP diante como acostuman?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com