O Goberno da Deputación leva á Mariña Lucense o Campionato de España de Baloncesto Júnior Feminino

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez, o Concelleiro de Deportes de Cervo, Luis Antonio Guillén Menéndez, o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, e o Presidente do CB Estudiantes Lugo Leyma Natura, Suso Lázare Rincón, presentaron este xoves o XXXVII Campionato de España de Baloncesto Júnior Feminino.

O organismo provincial é o principal patrocinador do campionato, posto que realiza unha achega de 22.000 euros para a celebración desta cita nacional, que terá lugar nos Concellos de Viveiro, Burela e Cervo do 7 ao 13 de maio na que participarán 32 equipos femininos chegados de toda a xeografía española. Serán, polo tanto, 500 xogadoras nadas nos anos 1999 e 2000 as que reunirá o evento. A estas cifras hai que engadir decenas de federativos e responsables arbitrais e oficiais de mesa, así como unhas 1.200 persoas que se corresponden con familiares, acompañantes, persoal de axencia de representación deportiva ou afeccionados, o que suporá un retorno económico estimado para os tres concellos mariñáns de 1,5 millóns de euros.

Rivera Capón subliñou que “temos o pracer e a ilusión de albergar de novo unha cita deportiva de primeiro nivel, e tamén, o convencemento de que as preto de 2.000 persoas que participarán na competición, quedarán fascinadas coa riqueza paisaxística, cultural e gastronómica das tres vilas da Mariña lucense nas que terá lugar, así como coa hospitalidade das súas xentes”.

O responsable provincial de Deportes engadiu que “algunhas das rapazas que competirán na Mariña no mes de maio, chegarán a ser futuras profesionais ou integrantes da selección española de baloncesto, que nos últimos anos é sinónimo de éxito. Coa celebración deste campionato non só contribuímos a incentivar o turismo e o tecido produtivo da provincia, senón que tamén apostamos polo deporte como parte dun estilo de vida saudable, e concretamente polo deporte feminino, dentro do noso compromiso por conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com