O Goberno da Deputación mellorou en Lourenzá con 465.000 euros o Camiño A e a única vía á Pontenova e Riotorto

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, supervisaron este luns os derradeiros traballos de mellora en máis de 6 quilómetros de dúas das principais vías de comunicación deste municipio. Son a LU-P- 2801, de Santo Tomé, por Santo Adriano e Augasoxa a Mazo; e o Camiño A, que vai do Zapateiro a Santo Adriano. O Goberno Provincial investiu 465.000 euros no arranxo de máis de 6 quilómetros destas vías, que están conectadas, beneficiando directamente a milleiros de veciños da Mariña.

Campos Conde e López García explicaron que os traballos de mellora na LU-P- 2801 eran necesarios xa que é a única vía que conecta Lourenzá con Riotorto e A Pontenova polo que centos de veciños destes 3 municipios, que contan con máis de 5.000 habitantes, a empregan a cotío. Ademais, esta estrada provincial desemboca no Camiño A, que é a vía municipal que conecta coas parroquias laurentinas San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adriano, nas que viven 1.000 familias. “Con estas actuacións beneficiamos a milleiros de veciños da Mariña”, subliñou o Presidente.

As obras na LU-P- 2801, dotadas de 268.000 euros, consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, no incremento da sinalización e na limpeza de cunetas. Os traballos no Camiño A, dotados de 197.300 euros, tamén consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, incremento da sinalización e limpeza de cunetas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com