O Goberno da Deputación promociona o primeiro poemario de Sonia Arias, “Parque de atracciones”

A Deputada de Promoción Económica e Social e Emprego, Sonsoles López Izquierdo, o escritor, José Carlos Ulloa García, e autora Sonia Arias, presentaron este mércores o poemario Parque de atracciones.

É a primeira obra que escribe Sonia Arias. Esta veciña de Paradela destacou que Parque de atracciones “é un libro basicamente feito en prosa poética, onde o amor e desamor é o protagonista real. Unha obra no que a imaxinación voou lonxe e chegou a persoas que estou encantada de coñecer. Eu quero seguir este camiño e continuar aprendendo, por iso xa estou preparando novos proxectos. O importante é que a mente non pare de traballar. E eu non me canso de escribir, e o meu obxectivo é compartir con todos os lectores os meus sentimentos”.

López Izquierdo felicitou a autora pola publicación da súa obra. “Hoxe os veciños de Paradela estamos de noraboa, porque contamos entre nós cunha nova creadora; unha muller vitalista, pero sobre todo unha persoa chea de sentimentos dos que nos quere participes”.

A Deputada explicou que a escrita desta autora “desborda creatividade, paixón é un caudal inxente de sentimentos”. Remarcou que con este poemario “descubrimos a unha nova creadora da comarca de Sarria”, por iso convidou a todos os lectores a coñecer a creatividade desta nova autora lucense.

O escritor José Carlos Ulloa García, un dos impulsores da publicación deste poemario, explicou que a obra de Sonia Arias ten reminiscencia de tempos tan dispares como Lesbos, Neruda ou Benedetti. “É un libro intenso, dunha autora que merece ser escoitada e ser lida”, por iso convidouna a seguir creando e escribindo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com