Os concellos que tiñan que ter finalizadas obras antes do 31 de marzo, pero que non puideron facelo ao non contar co orzamento correspondente da Deputación para 2016, van poder executar finalmente esas obras, logo da Xunta de Goberno Extraordinaria que convocou este mércores o Presidente da Deputación.
Darío Campos quixo alertar aos Alcaldes desta situación para que solicitasen de xeito urxente e formalmente unha prórroga para a realización destes traballos. Así o fixeron polo que, finalmente, estas foron aprobadas na sesión extraordinaria de hoxe.
Isto permitirá executar as seguintes actuacións:
Reforma do tanatorio en Paradela, dotadas de 106.436 euros da Deputación.
Mellora de servizos públicos municipais imprescindibles en Baleira (saneamentos, camiños…), dotadas de 36.496 euros da Deputación.
Sinalización de núcleos rurais; reparación de humidades no centro sociocultural; dotación dunha aula de novas tecnoloxías; mellora do punto de atención á infancia e do campos de fútbol; e ampliación do saneamento e construción dunha depuradora en Telleiros e Vilamaoior (na parroquia de Refoxo). Todas en Sober. O orzamento é de 129.899 euros.
Instalación de pistas de pádel dentro do recinto deportivo do campo de fútbol. En Cervo, con 68.235 euros provinciais.
Mellora do camiño da rúa Chao Falcón a Campo da Feira, arranxo de beirarrúas, e acondicionamento do saneamento de augas residuais no núcleo rural de Palmelle; en Pantón, con 57.511 euros.
O conxunto das citadas actuacións non tiñan consignación orzamentaria comprometida. Con todo, tendo en conta a previsión da súa execución por parte de veciños e Alcaldes, o Presidente quixo respectalas e incluílas no Orzamento da Deputación para 2016, que se aprobou onte, así como alertar aos Rexedores da perdida deste orzamento, no caso de non pedir a imprescindible por lei prórroga para poder realizar destes traballos. Este orzamento inclúese na partida de 7 millóns de euros que incluíu o Presidente no Presuposto para actuacións nos 67 Concellos da provincia luguesa.
Tamén se salvaron estes traballos, que, neste caso, si estaban comprometidos orzamentariamente, pero estaban pendentes da aprobación do Presuposto para 2016:
Rehabilitación do inmoble anexo á residencia da terceira idade e centro de día públicos para a construción do Fogar Residencial. Monterroso. A achega total que fai a Deputación para estas obras é de 250.000 euros.
Obras de pavimentación e dotación de servizos complementarios (bancos, papeleiras..) no campo da festa de Parga, en Guitiriz. O presuposto é de 42.000 euros.