O Goberno da Deputación remodela o Centro de Proceso de Datos

O Deputado de Innovación e Participación Cidadá, Pablo Rivera Capón, informou que o Goberno continúa a impulsar a modernización tecnolóxica da Deputación remodelando o Centro de Proceso de Datos “o servidor físico no que se executan a maior parte das aplicacións e sistemas informáticos que se empregan dende a administración provincial así como dende os Concellos”. Así o avanzou logo de que o Executivo Provincial aprobase este venres en Xunta de Goberno un orzamento de 250.000 euros para realizar obras coas que actualizar este servidor aos novos tempos. A previsión e rematalas en 4 meses.

Rivera Capón explicou que o Centro de Proceso de Datos, ou CPD, que dispón á Deputación data do ano 2010 e foi de grande axuda para a transformación tecnolóxica que sufriron tanto á administración provincial como os Concellos, aos que lle ofrecemos durante todo este tempo novos servizos TIC. “Logo destes 8 anos, a evolución tecnolóxica e o aumento dos traballos dende a administración electrónica, fai necesario melloralo para facelo máis eficiente, eficaz e tamén máis seguro”.

Por exemplo, o CPD soporta as páxinas webs dos Concellos, os portais de transparencia, os sistemas de administración electrónica, telefonía, acceso a internet, ou aplicacións de contabilidade e xestión de recursos humanos…

Nova web da Deputación

O Deputado de Innovación e Participación Cidadá avanzou que o CPD soportará tamén a nova web da Deputación, que está practicamente lista e que se presentará, previsiblemente, no vindeiro mes. Será unha páxina mais atractiva visualmente, cun maior grao de usabilidade e accesibilidade, máis interactiva e rápida. 

A Deputación máis tecnolóxica de Galicia

Rivera Capón explicou que “medidas como a que hoxe aprobamos, aínda que parezan moi técnicas, o que demostran é que esta Deputación continúa a evolucionar, adaptándose aos novos tempos e promovendo un uso cada vez maior da tecnoloxía..”

“Actuacións coma estas son as que fan que a de Lugo sexa a Deputación galega máis avanzada tecnoloxicamente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com