Nun comunicado emitido hoxe polo Goberno Provincial de Lugo infórmase en relación coa publicación na web institucional das declaracións presentadas polos/as deputados/as provinciais en cumprimento do artigo 74.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réxime local o seguinte:
A Deputación de Lugo fixo efectiva a publicación dos datos patrimoniais dos novos deputados provinciais tras a toma de posesión da nova corporación
Tendo constancia efectiva desta publicación remitiuse á Xefa de Servizo de Comunicación e das TICs un escrito no que dende o Goberno da Deputación se lle require un informe no que dea conta das circunstancias que motivaron o cesamento desta publicación.
Do mesmo xeito, dende a Deputación de Lugo laméntase que por parte desta funcionaria se lle dea información antes á oposición que ao equipo de goberno, e como responsable do mantemento da web non se nos comunicase esta circunstancia.
Poren o Goberno Provincial lembra que a declaracións de bens e intereses dos deputados atópase en rexistro público e está a disposición de quen o desexe consultar na Secretaría Xeral da Deputación .
Resposta do PSOE
A resposta dos socialistas a este comunicado non se fixo agardar, declarando o deputado Santos Ramos que “os socialistas non van permitir que Candia e o seus compañeiros do PP continúen calumniando aos traballadores da Deputación para agochar a súa ineficacia, incapacidade e claro incumprimento da lexislación vixente. Hai que ser moi ruín e déspota para facer isto”
O PSOE tamén denunciou ante o Valedor do Pobo que Candia tampouco publicou o patrimonio dos Deputación no BOP, tal e como o dita o Regulamento Orgánico da Deputación, disto pregúntanse os socialistas “¿a que funcionario vai culpar Candia para agochar o seu descoñecemento sobre o documento oficial que rexe o funcionamento da institución?, ¿Tamén vai a dicir que son os funcionarios os que deciden que se publica no BOP?
O comunicado tamén subliña, “se Candia e os seus compañeiros do PP non o fixeron, non o permitiron facer ou non deron esa orden, será porque teñen algo que agochar ou ben porque descoñecen as responsabilidades e funcionamento da institución, así como da Lei de Transparencia.