O Goberno da Deputación tingue de azul a fachada de San Marcos para promover a visibilidade do Síndrome de Down

O Goberno da Deputación tingue este martes de azul a fachada do Pazo de San Marcos para promover a visibilidade do Síndrome de Down. O Executivo Provincial súmase deste xeito aos actos organizados por Down Lugo con motivo do día mundial deste trastoro xenético.

A fachada do Pazo de San Marcos iluminarase de cor azul, simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas persoas e as familias afectadas pola trisomía. O Goberno da Deputación colabora coa Asociación Síndrome de Down Lugo, cunha achega económica de 12.000 euros, para un plan de autonomía persoal co obxectivo de que os pacientes teñan unha vida fora dos fogares máis independente.

A Asociación Síndrome de Down de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Lugo, que integra a persoas con Síndrome de Down e ás súas familias. O obxectivo principal desta organización é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down, a través da súa plena integración social.

A asociación foi creada no ano 1.996 por iniciativa dun grupo de pais de persoas con Síndrome de Down, comprometidos coa procura de solucións aos problemas particulares que leva esta discapacidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com