O Goberno de Lugo pospón un mes o pagamento do IBI

A medida, que suporá o aprazamento duns ingresos estimados en torno aos 22 millóns de euros, que normalmente remata en xuño, e obedece “ á vontade do goberno de Lara Méndez de protexer a liquidez das familias, emprendedores e  empresas” “

A concelleira da área Paula Alvarellos, indicou que, a pesar de que se trata dun dos tributos máis cuantioso dos que percibe o Concello de Lugo, o seu cobro posporase un mes para permitir a recuperación financeira da veciñanza e tamén do empresariado local.

“Neste momento a cidadanía precisa dispoñer deses cartos máis que as arcas municipais que, afortunadamente, se atopan totalmente saneadas. É, precisamente, debido á solvencia coa que contamos o que nos permitirá non só postergar a recadación do IBI senón desenvolver, de xeito simultáneo, a liña de axudas municipais xa anunciada que se fornecerá con cinco millóns de euros”, explicou a edil.

O Concello de Lugo leva xa varios días traballando na modificación do calendario tributario que, neste 2020, permitirá abonar o Imposto de Bens Inmobles até o 5 de xullo se o recibo está domiciliado (actualmente o prazo remataba o 5 de xuño), e até o día 20 do mesmo mes para aquelas persoas que realicen o pago de forma presencial. Naqueles casos nos que se fraccione o pagamento, o segundo semestre poderá abonarse até o 15 de setembro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com