O Tenente Alcalde xunto co edil de Infraestruturas Urbanas visitaron as instalacións de Radio Taxi no parque de Frigsa, onde o Goberno de Lugo está a renovar o lousado da edificación. O vicealcalde explicou que “con esta intervención seguimos avanzando na renovación da imaxe das infraestruturas municipais da contorna do parque de Frigsa ao mesmo tempo que melloramos a calidade das instalacións do servizo municipal de taxis”.
O Tenente de alcalde explicou que “desde a concellería de Infraestruturas realizamos nestes anos unha serie de intervencións destinadas a mellorar as instalacións da contorna de frigsa”, e destacou ”a renovación do exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, unha actuación executada durante o 2020 que foi moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque de Frigsa e que durante o 2021 permitiu realizar unha gran cantidade de actividades no exterior do auditorio”.
O Tenente Alcalde lembrou que se están a executar os traballos de instalación de novo alumeado público na zona exterior do museo. Arroxo explicou que “continuamos a avanzar na mellora da accesibilidade da zona, eliminando unha zona escura da cidade e mellorando o acceso ao museo”.
Con esta actuación, o Goberno de Lugo instalará 23 novas luminarias LED, de 53W, avanzando na instalación de luminarias de baixo consumo en todas as instalacións da rede de alumeado público de Lugo.