O Goberno desenvolve tarefas de desbroce e limpeza nas 54 parroquias

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, informou esta mañá da evolución do plan de roza no rural, que o Goberno de Lugo está a acometer en 750 quilómetros de estradas e pistas das 54 parroquias luguesas, e dos que se ocupan operarios dunha empresa contratada. Paralelamente, o Concello ten unha brigada municipal executando tarefas de limpeza de maleza, co obxectivo de adecentar as marxes das estradas.

Tal e como explicou Fernández, quen se achegou a Monte de Meda a supervisar ditas tarefas, a roza xa se levou a cabo nas parroquias de Pías, Tirimol, Meilán, Coeses, Soñar, Calde e Meilán. Tras rematar en Monte de Meda executaranse os traballos nas parroquias de Saá, Prólago e Piugos.

O Plan de Roza das pistas da zona rural do municipio, que conta cun orzamento de 98.000 euros, arrincou no mes de xullo e prolongaranse o vindeiro mes ata chegar á totalidade da rede viaria municipal. Trátase pois de “mellorar a visibilidade na nosa rede viaria, así como as comunicacións e a seguridade das persoas que circulen por ela”, asegurou o edil, quen remarcou que “en definitiva, trátase de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas que viven no rural, asegurándolles a súa comodidade”. Así mesmo, o Goberno busca reducir o risco de incendios forestais, empregando a limpeza como traballo de prevención.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com