O Goberno destina 19 millóns de euros a servizos sociais en Galicia polo COVID-19

O Consello de Ministros aprobou onte preto de 19.000.000 de euros destinados ao reforzo de políticas sociais e de atención a familias, é a quinta de maior contía entre as comunidades autónomas.

O Goberno destina 18.905.902 euros a servizos sociais extraordinarios en Galicia vinculados ao impacto do COVID-19. Esta cantidadeestá dentro dos 300 millóns de euros aprobados o pasado 17 de marzo. Coa repartición por autonomías da contía, que debe centrarse en persoas maiores,
dependentes, persoas sen fogar ou familias monoparentais, entre outros, chega unha achega do ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, coa autorización do Ministerio de Facenda.

Algunhas das accións para financiar serán as seguintes: Reforzar os servizos de proximidade de carácter domiciliario. Incrementar e reforzar o funcionamento dos dispositivos de telasistencia domiciliaria.

Trasladar cando sexa necesario ao ámbito domiciliario os servizos de rehabilitación.

Reforzar os dispositivos de atención a persoas sen fogar. Adquirir medios de prevención. – Ampliar os persoais de centros de servizos sociais ou centros residenciais.

Ademais desta achega, existen outros 25 millóns de euros dos que Galicia percibirá 1.895.250 euros, tamén a quinta maior contía entre as comunidades autónomas. Esta cantidade está dedicada a axudas que garantan o dereito básico de alimentación de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade. Trátase de nenos que recibían nos seus centros educativos unha bolsa comedor, e que “ante o peche dos mesmos, atópanse desprovistos desta comida esencial”.

As axudas poderán consistir en transferencias económicas directas ou a prestación directa de distribución de alimentos. Serán beneficiarias as familias con alumnado desde educación infantil ata secundaria a quen as comunidades autónomas ou os servizos sociais municipais concedesen bolsas ou axudas para o comedor escolar durante o presente curso académico. As axudas prolongaranse mentres permanezan clausurados os centros educativos, sen prexuízo da súa revisión en función da duración desta circunstancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com