Un total de 74.000 máscaras que empezarán a distribuírse a partir de mañá, nos principais puntos de Lugo, serán entregadas na nosa provinci, a persoas que teñan que desprazarse para traballar e teñan máis complicado manter a distancia de seguridade.
Esta medida enmárcase dentro da estrita limitación de movementos vixente desde o inicio do estado de alarma e está en consonancia coas prioridades e recomendacións marcadas polo Ministerio de Sanidade, entre as que se recomenda o uso de máscaras para aqueles traballadores que non poidan teletraballar nin desprazarse en vehículo particular, en bicicleta ou a pé e teñan que utilizar medios de transporte público cunha importante afluencia de persoas.
O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, mantiveron na tarde do sábado unha videoreunión con todos os delegados do Goberno para detallar e organizar tanto a repartición por comunidades como o operativo de distribución polos principais nodos de transporte público. Na reunión tamén participaron a subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel Goicoechea, e o director xeral de Protección Civil e Emerxencias, Leonardo Marcos.
Abr 13, 2020 - 09:04 AM
Donde?, como? A todos?……..