A Secretaría de Estado de Comercio, que depende do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, organizará mañá, mércores, día 16 de outubro, unha xornada para empresas de Lugo sobre o Brexit. O encontro, ao que poderán asistir todos os empresarios que estean interesados, terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Lugo.
Esta xornada forma parte dunha campaña divulgativa que está a levar a cabo a Secretaría de Estado de Comercio, a través da súa Delegación de Comercio e ICEX en Galicia, xunto coas Cámaras de Comercio e as Confederacións de Empresarios.
A xornada será inaugurada pola subdelegada do Goberno en Galicia, Isabel Rodríguez, e o encargado de clausurala será o conselleiro delegado da CEL, Eduardo Valín.
Durante estas sesións as empresas recibirán orientacións en función do seu sector e a súa relación co Reino Unido. Abordaranse os efectos que terá o Brexit no comercio de bens, servizos, inversión e contratación pública. Para iso, contarase con ponencias de responsables públicos e expertos en aduanas, comercio exterior e fiscalidade.
Esta nova rolda de xornadas, únese ás cinco xa realizadas con anterioridade en Galicia entre os meses de decembro de 2018 e xuño de 2019, e ás que acudiron máis de 150 empresas. A nivel nacional vanse celebrar 40 xornadas, que se engadirán ás 60 xa organizadas por todo o país coa asistencia de máis de 2.500 empresas e asociación.
As empresas interesaradas pódense inscribir gratuitamente a través do enlace www.icex.es.