A alcaldesa, Lara Méndez, anunciou esta mañá que o Concello de Lugo aprobará esta semana, en Xunta de Goberno, a Memoria, correspondente á Fase XVII, do Programa de Rehabilitación no Centro Histórico da cidade, ao abeiro das axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – Next Generatión.
Nesta convocatoria, – que como até o de agora se xestionará dende a Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EVISLUSA) – o Executivo local proxecta rehabilitar un total de 57 vivendas, ubicadas no recinto amurallado.
A rexedora explicou que, “con estas achegas, 35 inmobles poderán reducir entre o 30% e o 45% o seu consumo de enerxía primaria non renovable, mentres que 12 acadarán unha diminución de entre o 45% e o 60% e 10 edificacións rebaixarán a súa demanda de enerxía por riba do 60%”.
Dende o seu orixe, estas axudas levan contribuído a impulsar a reforma de 636 vivendas (354 nas seis primeiras fases e 282 máis ata a 14 edición) e máis dunha vintena atópanse en tramitación.