O Goberno local inicia o proceso para que a Xunta “asuma as escolas infantís”

O Tenente de Alcalde xunto co concelleiro titular de Educación e Difusión do Coñecemento anunciaron hoxe que o Goberno Local contactará coa Xunta de Galicia “para que asuma a xestión das Escolas Infantís Municipais”. O Tenente de Alcalde indicou que “tras as declaracións do presidente da Xunta de Galicia ao respecto das melloras que quere ofertar, entendemos que a Xunta de Galicia ten que asumir das súas competencias”.

“A concellería de Educación inviste anualmente máis de 1.300.000 euros para ofrecer este servizo a máis de 200 nenas e nenos”, indicou o titular municipal de Educación, que engadiu que “aproximadamente un 10% desta inversión procede das taxas que ingresan as familias”. “Se a Xunta aplica a gratuidade para a segunda irmá, perderíanse parte destes ingresos sen que a Xunta nos ofreza unha explicación de como se vai compensar esta situación”. O nacionalista indicou tamén que “a Xunta de Galicia aporta anualmente 17.000 euros para as 4 garderías do concello mentres que o concello está a investir 123.000 euros anuais na única escola infantil do Consorcio que hai en Lugo”.

“Agardamos que a Xunta amose compromiso e este proceso se estenda o menos posible no tempo”, declarou o edil nacionalista para concluir lembrando que o seu partido xa defendeu “no pasado” que a xestión das escolas se trasladara á rede de galescolas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com