O goberno local vota en contra de que as administracións traballen para facilitar a praia fluvial

O goberno local votou no pleno deste xoves en contra de que a Xunta de Galicia, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo avancen no proxecto para dotar a Lugo dun espazo de baño público.

O Grupo Municipal Popular propoñía, a través dunha emenda, que “as distintas administracións con potestade sobre a conca fluvial traballaran conxuntamente para buscar a alternativa máis viable para que a cidade dispoña de zona de baño público”.

A voceira popular, Elena Candia, considera “inexplicables os argumentos do goberno local para xustificar o seu voto” e cre que con esta acción “xustifican que só lles interesa para debate político”.

A popular subliña que “o goberno local ignora o informe da UNESCO” que no seu informe sobre o proxecto de construción dunha praia fluvial na zona núcleo da Reserva da Biosfera de Terras do Miño conclúe que  “se pode poñer en risco a continuidade das distincións especiais da Unesco que atesoura o Concello de Lugo”.

Candia dixo durante a sesión plenaria que “os lucenses deberían ter dende fai moitos anos un espazo de baño público” e amosou “man tendida”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com