O Goberno Municipal presenta as contas sobre o orzamento do San Froilán 2016, de 676.500 euros

O Goberno Municipal presentou este venres, na Comisión de Festas do San Froilán,  as contas sobre o orzamentos destes festexos, que se situou nos 675.500 euros. Fíxoo a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, nunha xuntanza celebrada no Salón de Comisións, na que participaron representantes da totalidade dos grupos da Corporación Municipal. Estas festas patronais atraeron á cidade a máis de 600.000 persoas cun retorno económico de 12 millóns de euros.

Tal e como informou a edil neste novo exercicio de transparencia do Goberno, os ingresos procederon das seguintes fontes: Concello, 635.000 euros, patrocinadores, 11.500 euros (Hijos de Rivera, 1.000;  Aceites Abril, 1.500, Calfensa 1.500, Gadisa, 2.500, Abanca 5.000 e Turismo de Galicia, 3.500), Turismo de Galicia, 15.000 euros e Deputación, 15.000 euros.

En canto aos gastos, Basadre subliñou que a data 19 de decembro, o Concello xa ten pagado 627.000 euros. Nesta liña, fixo fincapé nos seguintes gastos: infraesturturas, 58.821 euros, promocións e difusións, 41.938 euros, premios, 3.300 euros, prevención de riscos, 3.823 euros, sonómetros, 6.636 euros; producións, 162.413€ (aforro de 39.800 euros), stands, 23.631€ (cun aforro de máis de 20.000 euros) carpas, 11.576€, casetas do GastroArte, 10.425€ e iluminación 17.908€ (cun aforro de máis de 12.000 euros).

Ao marxe, polas casetas do polbo, o ferial e o GastroArte ingresáronse 507.456 euros que se incorporarán no orzamento do 2017.

Valoración do PP

Os populares queixaronse do procedemento co que hoxe o goberno socialista lles presentou as contas do San Froilán 2017 xa que o fixeron “a viva voz, ao ditado” polo que é difícil fiscalizar o gasto para facer unha valoración seria e responsable. Encarna Amigo tamén lamentou que a convocatoria da Comisión Especial de Festas “se fixera sen documentación previa e sen informe técnico”. Nese senso, a concelleira popular solicitou que, canto antes, se presenten as contas  pechadas e co informe de intervención que avale os  ingresos e gastos finais”.

A popular estima que polas cifras que se deron a coñecer na Comisión que se celebrou hoxe, con data de 19 de decembro, estaríamos a falar dun déficit duns 150.000 € ”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com