O Goberno presenta o proxecto de transformación da Ronda da Muralla entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba

O Tenente de Alcaldesa e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas presentou hoxe o proxecto de transformación da Ronda da Muralla, no percorrido entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba. “No 2020 habilitouse un paso peonil provisional nunha zona a carón da muralla que case non tiña beirarrúa, e na que os vehículos pasaban pegados ao monumento, e este ano damos un paso máis no proxecto global de humanización da Muralla que levamos aplicando desde a nosa chegada ao goberno”, declarou o edil.

A área de Mobilidade preparou un proxecto que, segundo o tenente de alcaldesa “permitirá transformar o entorno da Ronda da Muralla, non só aumentando o espazo peonil, senón renovando a zona da Porta de Santiago dando unha mellor estética ao punto da cidade no que se xuntan os tres Patrimonios da Humanidade cos que contamos”. Ademais, o nacionalista explicou que “o proxecto que se levará adiante permitirá ampliar a actuación no futuro, cando se avance na peonalización total da Ronda da Muralla”.

O alumeado deste treito consistirá en 9 luminarias LED tipo RGB, que permitirán unha iluminación ás distintas horas e á luminosidade do día. O alumeado permitirá variar a luminosidade do monumento segundo a hora do día, mostrando luces de tonalidade cálida na noite e luz fría durante as mañás. “Isto mellorará a percepción visual da Muralla”, explicou o tenente de alcaldesa.

En canto á circulación do tráfico, o concelleiro avanzou que “os vehículos  contarán con maior fluidez, ao modificarse o cruce da Ronda da Muralla coa rúa Santiago”. Con esta actuación, o cruce pasará de ter un semáforo de 3 tempos a ter preferencia o tráfico que circule pola ronda, tendo un Ceda o Paso os vehículos que se acheguen pola rúa Santiago.

Esta actuación sairá a licitación cun orzamento base de 575.990,77€, e un prazo de realización de 6 meses. “Unha vez rematen esta actuación e a peonalización do treito da Mosqueira, a veciñanza de Lugo contará coa totalidade da zona sur da Muralla humanizada”, sentenciou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 19, 2021 - 05:56 PM

    A si a simple vista, moi bonito. Pensades que hay camións de bombeiros, e outras máquinas e vehículos que necesitan as rúas para se mover. Oh espazo e o que é, e os metros non dan máis de si. Digo esto por que en Lugo sempre oubo o vicio de darle máis capacidade da que teñen as obras.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com