O Goberno prorroga a colaboración entre a CHMS e Augas de Galicia para o saneamento e adecuación de canles nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

O Consello de Ministros acordou ratificar as autorizacións provisionais para a subscrición de catro adendas a outros tantos convenios de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e catro concellos de Galicia para o financiamento e execución doutras tantas obras de saneamento e adecuación de canles.

Estas adendas aos convenios sucritos pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no ano 2013 non aumentan o compromiso de financiamento previsto nos convenios (que se eleva a case 12,4 millóns de euros) nin as actuacións recollidas.

Nomeadamente, os proxectos afectados polo acordo alcanzado polo Consello de Ministros son:

-Adecuación da canle e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro no termo municipal de Sarria, Lugo (primeira fase). Financiado con máis de 4,4 millóns de euros pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e por case 1,3 millóns de euros por Aguas de Galicia.

-A mellora do saneamento de Pereiro de Aguiar (Ourense). Financiado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con 940.917 euros e por Aguas Galicia con 303.886 euros.

-A mellora do saneamento e Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Cibrao das Viñas (Ourense). Financiado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con más de 2 millones de euros e por Aguas Galicia con 681.643 euros.

-As actuacións prioritarias no saneamento do Porriño (Pontevedra). Financiado con case 2 millóns de euros pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e con 638.551 euros por Aguas Galicia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com