O voceiro do PSOE na institución, Álvaro Santos Ramos, mantiveron este xoves un encontro con veciños dos 11 Concellos da Comarca da Terra Chá: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, A Pastoriza, Pol, Vilalba e Xermade. Na xuntanza, celebrada en Vilalba, informaron dos 11 millóns de euros que o Goberno do PSOE na Deputación achegou a estes municipios nun ano, a través da execución do orzamento de 2016 e do Plan Único do 2017. O obxectivo dos investimentos é dinamizar a economía da Comarca de Lemos e mellorar as prestacións públicas para os seus veciños.
Santos Ramos explicou que o Executivo Socialista da Deputación destinou 7.748.210 euros para a mellora de infraestruturas e prestacións públicas dos 11 Concellos da Terra Chá, o que representa o 70% dos investimentos totais. A grande maioría destas actuacións serviron para mellorar estradas e accesos aos núcleos rurais, dotando de mellores vías de comunicación aos municipios da Comarca da Terra Chá.
O voceiro socialistas na Deputación tamén destacou o impulso dos Servizos Sociais nos municipios desta Comarca. Nos últimos 12 meses, o Executivo Socialista destinou 586.124 euros a través do Servizo a Domicilio para persoas non dependentes e da Teleasistencia gratuíta. Este investimento permitiu crear 1.072 prazas para atender aos maiores dos 11 Concellos, veciños que non reciben atención profesional por parte do Goberno do Partido Popular na Xunta ao non catalogalos coma dependentes.