O Goberno do PSOE na Deputación achega 5 millóns nun ano aos 6 Concellos das Comarcas de Chantada e da Ulloa

O Presidente Socialista na Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto ao voceiro do PSOE na institución, Álvaro Santos Ramos, mantiveron este mércores un encontro con veciños dos 6 Concellos das Comarcas de Chantada e da Ulloa: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Taboada. Na xuntanza, celebrada en Chantada, informaron dos 5 millóns de euros que o Goberno do PSOE na Deputación achegou a estes municipios nun ano, a través da execución do orzamento de 2016 e do Plan Único do 2017. O obxectivo da inversión  é dinamizar a economía destas dúas comarcas e mellorar as prestacións públicas para os seus veciños.

Campos Conde explicou que o Executivo Socialista da Deputación destinou 3,1 millóns para a mellora das infraestruturas e dotacións públicas dos 6 Concellos destas dúas Comarcas. Trátase do 62% do investimento total nun ano que se dedicou, principalmente, a traballos realizados para dotar de mellores accesos aos diferentes núcleos rurais dos municipios. Ademais,  destacou o investimento do Executivo Provincial en Servizos Sociais, xa que dedicou 332.518 euros que permitiron crear 586 prazas para atender aos maiores dos 6 Concellos destas Comarcas.

Para finalizar, o Executivo Provincial Socialista mostrou que destinou nun ano 39.000 euros para apoiar eventos turísticos e de exaltación gastronómica nestas 2 Comarcas, outros 83.862 euros dirixidos ao financiamento de 22 citas culturais nos 6 municipios. E en Deporte, investiu 89.050 euros para máis de 15 eventos deportivos nestas comarcas nun ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com