O Goberno de Lugo anunciou no día de hoxe o reforzo nas liñas de bus urbano que comunicarán o centro co cemiterio municipal o vindeiro 1 de novembro.
A liña entre o centro da cidade e o cemiterio terá unha frecuencia de 20 minutos, saíndo entre as 9:30 e as 19 horas da Ronda da Muralla, fronte ao edificio de sindicatos. Continuará pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago.
Os buses de volta, terán a mesma frecuencia de 20 minutos. A primeira liña sairá do Cemiterio, continuando pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e rematará fronte ao edificio de sindicatos na Ronda da Muralla.