A volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que por terceiro ano traerá a Galiza algúns dos mellores ciclistas internacionais, pasará por distintos concellos da Ribeira Sacra lucense, con elo, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que patrocinadora do evento, quere promocionar esta comarca do sur da provincia.
Taboada e Chantada serán puntos chave da segunda etapa da volta, que se disputará o 23 de febreiro e que terá como pano de fondo as ribeiras do Miño, tal como adiantou o vicepresidente da Efrén Castro, vicepresidente da Deputación, nun acto celebrado no miradoiro de Ponte Mourulle, en Taboada, xunto ao responsable da organización, Ezequiel Mosquera, o tenente alcalde de Taboada José Portela, o concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural Manuel Diéguez e a concelleira de Igualdade,Benestar e Sanidade Patricia Conde.
Efrén Castro explicou que “a Vicepresidencia da Deputación apoia esta volta profesional a Galiza desde o inicio, unha colaboración que iniciamos conscientes de que apostabamos por un produto gañador para mostrar o territorio. Tres anos despois, ten un oco no calendario dos mellores equipos e permite que a provincia sexa unha vez ao ano capital do ciclismo mundial”
O vicepresidente da Deputación avanzou unha etapa “divertida, nunhas estradas que as grupetas da contorna xa desfrutan, e que o vindeiro 23 de febreiro percorrerán os mellores ciclistas do mundo” e incidiu na proxección internacional que a proba dará a zona, coa retransmisión para máis 170 países do mundo a través das pantallas “amosaremos as ribeiras do Miño e a viticultura heroica cun deporte que sempre foi heroico como e o ciclismo”, concluíu.