A Biblioteca Municipal do Saviñao, celebrará, o vindeiro mércores, día 15, unha actividade de homenaxe ao autor conmemorado este ano polo día das Letras Galegas, Antón Fraguas. A actividade programada pola biblioteca consistirá nun gran xogo por equipos e irá destinado a todo o alumnado de 2º a 4º da ESO.
Grazas a este Gran xogo das Letras Galegas, a cargo da empresa Eduvía (Vías para a Educación),os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Antón Fraguas homenaxeado deste ano e a súa relación co Saviñao.
Post Views: 0