O gromo da Mariña eleva a 206 os casos activos en Lugo

Volve subir a taxa de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo logo do gromo rexitrado na comarca da Mariña.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou, na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.685; deles 555 son da área da Coruña, 206 da de Lugo, 204 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 821 da área de Vigo, 437 da de Santiago e 91 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 108 en unidades de hospitalización e 2.546 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 120.656 persoas curadas, rexistrándose 2.410 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.201.657.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.712.094.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com