O Grumir de Viveiro rescata a unha muller despois de caer á ría na zona do Porto Deportivo da localidade

Efectivos do Grumir (Grupo Municipal De Intervencion Rapida) de Viveiro rescataron onte a unha muller das rocas despois de precipitarse á ría na zona do Porto Deportivo de dita localidade. A muller, segundo indicou a Policía Nacional ao 112, iba paseando e, tras despistarse co teléfono mobil, caeu á ría. Aínda que tralo rescate a muller dixo atoparse ben, por precaución os axentes trasladárona ata o Centro de Saúde de Viveiro para unha revisión.

Foi un particular quen, sobre as 8 da tarde de onte, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, o veciño indicou que camiñaba polo Paseo Marítimo cando viu caer a unha persoa á auga. O alertante asegurou que a muller non necesitaba asistencia sanitaria pero que estaba na zona das rocas e que pedía auxilio.

O 112 puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e dos axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e dos efectivos do Grumir que rescataron á muller das rocas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com