Mañá ás 18.30 da tarde e patrocinado pola Deputación de Lugo Brath ofrecerá un concerto.
O grupo de música galega farao concretamente en Roupar na Carballeira do Campo de Xermade. Logo de que os asistentes á festa, dean conta dos pratos de cogomelos que porá a venda a organización, os presentes poderán gozar da actuación de Brath, un dos grupos máis importantes da música celta, que segue a conmemorar os seu trinta e seis aniversario sobre os escenarios de medio mundo.
No concerto tal e como fixeron na Praza Horta do seminario onde pecharon as Festas de san Froilán 2016, e nas que colleitaron un rotundo éxito, interpretaran os temas do seu novo disco titulado xenericamente “Enxebre” e farán un percorrido por algúns dos temas máis emblemáticos do grupo.