O grupo de Goberno Municipal destinará parte do seu salario a colectivos sociais

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Lugo aportará 6.000 euros ás Asociacións de Nais e Pais dos Colexios Públicos de Infantil e Primaria (CEIP) de Lugo co fin de que sexan destinados á atención do alumnado máis vulnerable e que pasa máis dificultades nesta crise sanitaria.

A cantidade supón o 30% do salario dos concelleiros socialistas que queren, deste xeito, contribuír a mellorar a calidade de vida daqueles nenos e nenas lucenses que, debido ao confinamento e as consecuencias económicas que este está a ter para a súas familias, poden atoparse con maiores dificultades para soportar e superar a crise sanitaria.

O voceiro socialista, Miguel Fernández, sinala que a medida ten carácter de agradecemento, co que “queremos sumarnos aos xestos solidarios da cidadanía lucense”. O edil aclara, sen embargo, “que non substitúe á responsabilidade de xestión do Goberno local, que está a artellar todos tipo de medidas, sociais e económicas, para axudar a paliar os efectos de esta crise na cidade”.“ Neste caso, pensamos nun dos colectivos máis sensibles da poboación como son as crianzas que, xunto cos noso maiores, son o elo máis feble da sociedade, ao que queremos protexer e coidar nesta situación de emerxencia, sen precedentes, que está a xerar a propagación do coronavirus”, sostén.

Asemade os cinco concelleiros e concelleiras que integran o grupo municipal do BNG, seguindo as accións do Grupo Parlamentar e do deputado do BNG no congreso do Estado, doarán unha parte do seu salario do mes de abril a entidades que traballan con colectivos que se atopan nunha situación de risco dada a situación social.

“Como organización non cremos neste tipo de medidas, máis hai colectivos que están nunha situación de emerxencia extrema e que precisan de toda a axuda posíbel” explicou Rubén Arroxo, que engadiu “este tipo de xestos non substitúen o papel que deben executar as administracións”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 07, 2020 - 08:20 PM

    Si hay cartos, hai que estirarse máis. Xa sabedes de sobras, que eso non chega a nada(pan para hoxe, fame para mañá……….) e despois de dar a noticia que é o que máis vos guste. Por si non sabedes terminan se os cartos. Despois que. Voltamos a hipocresía y miramos para outro lado?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com