O grupo de saxofóns da Escola Municipal leva a súa música ao Castelo de Pambre

O Grupo de Saxofóns da Escola Municipal de Música, formado por alumnos da agrupación que dirixe Armando Morales, ofreceron o segundo acto do programa do ciclo Lugo ten música previsto para este mes de abril. O concerto celebrouse no interior do recinto do Castelo de Pambre e puideronse escoitar temas variados do repertorio clásico (F.Haendel, J.S.Bach, E.Grieg ou R. Schuman), de rock e contemporáneo (H. Mancini, J. Kander) ou tango (A. Piazzola), entre outros.

Esta é a primeira vez que se realiza unha actividade do ciclo Lugo Ten Música fora do termo municipal de Lugo. No ánimo da Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música, que promove esta serie de concertos, está achegar a diversos espazos o traballo das agrupacións da Escola e posibilitar o intercambio artísitico e multidisciplinar. Nesta liña tamén formará parte deste ciclo, Lugo Ten Música, o concerto no que, con motivo do día do Jazz, actuarán a Big Band da Escola e Young Murajazz Big Band de Rábade na Praza de España de Rábade, o vindeiro 30 de abril ás 12:00 horas.

O ciclo continuará durante este mes de abril levando concertos e actividades a puntos da cidade de Lugo e a outros da comarca. Así o próximo o día 24 haberá un ensaio aberto da Banda Infantil, o martes 25 ofreceranse clases abertas ao público de Pito Pastoril Galego na rúa, así como un ensaio aberto ao público do Grupo Didáctico de Pito Galego (todos eles no centro histórico de Lugo) e o día 30, con motivo do día do Jazz, actuarán a Big Band da Escola e Young Murajazz Big Band de Rábade na Praza de España de Rábade, ás 12:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com