Cruce de acusacións entre PP e PSOE polo recargo de 105.000 euros que o Concello paga á Seguridade Social

O concelleiro popular Juan Carlos Plaza afirmou hoxe que o Concello de Lugo foi sancionado pola Seguridade Social a abonar con 105.000 euros por pagar fóra de prazo a parte correspondente das nóminas dos traballadores municipais do mes de xaneiro de 2015.

Tal como explicou o responsable de Economía do Grupo Municipal do Partido Popular, “trátase dunha situación perfectamente evitable posto que o Concello de Lugo coñece sobradamente a data na que ten que facer fronte a este pagamento”.

Juan Carlos Plaza culpou ao goberno socialista de “abocar aos lucenses a perder unha contía equivalente á que destina o Concello de Lugo a axudas de emerxencia social durante seis meses. É dicir, só co que os veciños perdemos agora pola irresponsabilidade do goberno municipal poderiamos atender a moitas familias en medio ano”, reflexionou o edil popular, ao tempo que subliñou que “co que estamos a tirar ao lixo o Concello poderia facer fronte ao custe de catro traballadores de todo un ano”.

Nesa liña, Plaza afirmou que “novamente, seremos todos os veciños quen paguemos dos nosos petos os pratos rotos da irresponsabilidade, a desorganización e o desinterese dos socialistas”.

Por último, o popular destacou que “este impago puxo en risco a posibilidade do Concello de Lugo de acceder a axudas doutras administracións, posto que non tería o certificado da Tesorería General da Seguridad Social de non ter débedas con esa Administración”, concluíu.

Pola súa banda, o Concello de Lugo explicou que paga 104.757,72 euros á Tesourería Xeral da Seguridade Social que impúxolle un recargo do 20% que será recorrido pola Administración local.

Tamén afirman que é falso que o Concello de Lugo tivera que pagar ningunha multa, como sostén o PP na súa última nota de prensa, e aclarara que o Concello de Lugo paga sempre puntualmente as súas cotas á Seguridade Social (o redor de 500.000 euros mensuais).

“O pago da cota da Seguridade Social do mes de xaneiro foi asinada o venres día 27 de febreiro e, por ser sábado o último día do mes, o 28 de febreiro (inhábil a efectos SEPA), realizouse o pagamento o día 2 de marzo, o primeiro día hábil posterior, como permiten todas as Administracións, incluído o Concello pero, ó parecer, non así a Seguridade Social que, por certo, non contribúe a dar facilidades para realizar os pagos mensuais posto que non permite extraer os recibos ata o día 25 de cada mes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com