O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, amosou a súa sorpresa pola convocatoria “a tres meses das eleccións, dunha xuntanza para debater o futuro do 5% do PXOM pendente de resolución.
Castiñeira cre que esta reunión é “oportunista” xa que segundo as súas palabras, o goberno local tivo dous anos, dende que a Xunta reclamou ao Concello o plan hidrolóxico de zonas inundables.
Escoitámolo:
Doutra banda, a concelleira popular Isabel Devesa, anunciou que o seu grupo presentou un rogo para que o goberno local axilice a tramitación de licenzas de obras que se executan, para mellorar a accesibilidade de vivendas e edificios.
A edil explica que “a falta de dirección política en urbanismo provoca que se dilaten os prazos de tramitacións para intervencións para a eliminación de barreiras arquitectónicas”.
Escoitámola: