O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que a Casa da Muller se negou a atender a persoas vítimas de abusos

A concelleira popular Mari Teijeiro denunciou esta mañá en rolda de prensa que varias testemuñas se puxeron en contacto con ela esta fin de semana, asegurando que na Casa da Muller se estaban producindo casos de desatención a persoas que acoden a estas instalacións municipais na procura de axuda.
Mari Teijeiro relatou que entre as queixas recibidas inclúese algunha segundo a que a Casa da Muller se negou a prestar atención a mulleres que estaban sendo vítimas de abusos sexuais por parte dun familiar, alegando que non estaba entre as súas funcións facerse cargo de casos deste tipo, “por non ser parella ou non ter unha relación análoga co agresor”.
Escoitámola:


Doutra banda, tamén se puxo en contacto co Grupo Municipal do Partido Popular, un home que denunciou que nese servizo se lle deu como resposta que era un caso dubidoso, cando relatou un presunto caso de maltrato á súa filla en común. Malia a esta resposta, o xulgado deulle a razón nesta denuncia ao pai, adxudicándolle a custodia da menor, segundo a testemuña deste home.
Mari Teijeiro de novo:


Pola súa banda, a Concelleira de Benestar e Igualdade, Ana González Abelleira, desmentiu esta mañá as palabras da edil popular, as que cualificou de inxustas.
Escoitámola:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com