O voceiro popular Jaime Castiñeira pediu esta mañá en rolda de prensa ao goberno municipal que se elabore un rexistro do persoal das empresas que traballan para o Concello de Lugo e cuxas tarefas están adscritas á administración municipal.
Nesa liña, proporán no vindeiro pleno do 2 de marzo a creación dun organismo que avalíe a identidade e a cualificación profesional das persoas empregadas nas diversas empresas ás que o Concello de Lugo lle ten contratada a xestión de servizos.
Escoitámolo: