O Grupo Municipal do Partido Popular presentará unha iniciativa para que se estude a posibilidade de que os hostaleiros de Lugo podan sacar autorizacións de seis meses para colocar terrazas en vía pública.
O concelleiro popular Ángel Trabada indicou que neste momento os hosteleiros de Lugo só poden obter dous tipos de licenza por ocupación de espacio público: a da temporada de verán, que vai de xullo a setembro, e a licencia anual.
A xuizo dos populares “o máis lóxico sería incorporar á Ordenanza de aproveitamentos especiais da vía pública un novo tramo de seis meses xa que, neste momento, ou tes a terraza aberta todo o ano, ou só tres meses”.
O edil do Partido Popular explicou que esta tarifa intermedia “é unha vella demanda do colectivo matizando que é absurdo que se obrigue a un hostaleiro a pagar a opción anual de 59,64 m2 por prolongar 1 mes máis as terrazas fronte aos 29,80 m2 € que o concello lles cobra por trimestre”.
Ángel Trabada explicou que este é o caso de numerosos hostaleiros lucenses que queren abrir terrazas en verán e que tamén están interesados en prolongar a súa montaxe ata o San Froilán”.
O edil popular destacou que ata o ano 2007 existía un criterio diferente para abrir terrazas en vía pública “ establecíase un prezo para cada unha das cinco categorías de rúas onde se instalasen e ademais os hostaleiros pagaban por cada mes de ocupación”.
Escoitámolo: