A voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación, Elena Candia, esíxelle ao presidente da institución que aclare o motivo polo que paraliza o procedemento iniciado polos populares “co obxectivo de adelgazar a administración provincial e destinar os recursos a fins sociais”.
“O señor Campos chega ao poder e mantén os privilexios do seu antecesor, Gómez Besteiro, tratando de manter un vehículo de alta gama para as súas viaxes en lugar de destinar o diñeiro a axudar aos que máis o precisan”, replica a voceira.
Os populares denuncian que o bipartito “Instala o caos na administración provincial, incumpren os prazos de aprobación dos Orzamentos, pero teñen tempo para decidir manter os privilexios que xa tiñan no anterior mandato Os populares critican que o responsable da institución, o socialista Darío Campos, queira manter gastos superfluos “e continúe co nivel de despilfarro do señor Gómez Besteiro, cando xa se tiñan levado a cabo todos os trámites para que un empresario interesado no vehículo pechara a súa adquisición”.
Elena Candia, tamén lamenta a actitude do BNG que “de boquilla está en contra das deputacións e á hora da verdade o único que quere é manter os privilexios”.