Carlos Armesto Carlos Armesto

O Grupo Provincial do PP pide ao presidente da Deputación pagar os convenios pendentes

O vicevoceiro do Grupo Provincial do PP, Juan Carlos Armesto, convida ao presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, a “poñerse a traballar pola institución e pagar os convenios pendentes de aboar aos concellos da provincia, tal e como xa se pediu no Pleno ata en dúas ocasións”.

O deputado fixo estas declaracións logo de que voceiro provincial socialista asegurara  que o presidente salvou a construción dun centro de día en O Vicedo. “Estamos cansos de oír falar de salvadores cando mantiveron aos concellos nos que goberna o PP discriminados durante oito anos e tivo que ser o goberno presidido por Elena Candia o que puxera fin a esa situación”, explica Armesto.

Carlos Armesto lamenta que “o socialista que preside a Deputación pasara de ter a cabeza como un bombo a facer autobombo dunha xestión que brilla pola súa ausencia”. “Leva presumindo dos convenios que formalizou o PP dúas semanas, pero non se puxo a traballar para que os concellos cobren” engade o vicevoceiro dos populares.

Novo lamenta que non leran o convenio

Pola súa banda, o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo, pídelle ao voceiro do PSOE “que se moleste en ler o convenio e o acordo que hoxe foi a xunta de goberno”. Novo asegura que o que se pediu foi unha prórroga para a xustificación da anualidade de 2015, por importe de 18.000 euros e non para a de 2016, posto que aínda resta ano e medio para poder xustificala.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com