O Grupo Provincial do PP anuncia que presentará mañá a súa proposta de Orzamentos para someter á votación do Pleno. En concreto, os populares incorporan ás contas aprobadas en marzo as reclamacións ás que se lles deu o visto bo na última sesión plenaria, “o que as mellora de xeito substancial”.
A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, explica que, “logo de ver novamente os atrancos e as dificultades que o presidente segue poñendo para non ter Orzamentos na provincia o noso Grupo co único propósito de desbloquear a institución presentará mañá por rexistro o documento completo para sometelo á súa votación”.
“Hai que dicir, engade Candia, que ese documento contará con informes xurídicos que avalen a súa legalidade e que van na mesma dirección que o informe xurídico que se incorporou no pasado Pleno, no que claramente dicía que as reclamacións que presentaba o PP non estaban incursas en ningunha circunstancia que contraviñera o ordenamento xurídico”.
A popular indica que o único propósito do PP é que a provincia teña uns bos Orzamentos. “Non temos outros propósito nin outro obxectivo que non sexa establecer mecanismos de control para asegurarnos de que os Orzamentos se executan e se cumpren e non sexan titulares de prensa como os que estamos acostumados a vivir e despois quedan tan só en papel mollado”, engade.
Isto suporá como, xa anunciou a Lugo Si Radio Álvaro Santos, que o Psoe os leve diante dos tribunais.
Así as cousas, todo parece indicar que os concellos da provincia vanse ter que armar de paciencia mentres de soluciona este galimatías.