O HULA cumpre 10 anos co anuncio dun novo equipo de tomografía para diagnose oncolóxica

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a capacidade do Hospital Lucus Augusti no seu décimo aniversario e anunciou a instalación dun novo equipo de tomografía de última xeración -coñecido como PET- para o diagnóstico por imaxe de tumores e patoloxías neurodexenerativas, ampliando, deste xeito, os servizos de medicina nuclear. Durante o acto de celebración do aniversario do HULA, Feijóo aseverou que coa posta en funcionamento deste centro resolveuse unha débeda pendente que o Goberno galego tiña coa provincia en materia sanitaria. 

O presidente galego fixo memoria dalgúns dos servizos que durante estes 10 últimos anos comezaron a funcionar neste centro, como o de Hemodinámica 24 horas, a Radioterapia, a propia medicina nuclear ou o de rehabilitación cardíaca.

“E recentemente melloramos o hospital de día de Onco-Hematoloxía, para implantar unha sala de tratamento con 12 postos”, engadiu, subliñando que isto permitirá acurtar o tempo e incrementar a confortabilidade de máis de 1.500 pacientes que se someten a tratamento de ciclos oncolóxicos.

Logo de garantir o compromiso da Xunta cun complexo hospitalario innovador, moderno, equipado e humanizado, o titular do Executivo galego lembrou que o Lucus Agusti amosou a súa fortaleza na pandemia, reflectido na labor de todos os profesionais que traballan nel.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mari Dominguez
    Mai 04, 2021 - 09:43 PM

    Agora que os especialistas pidan as probas para os pacientes, e sin demora que e o importante.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com