O IES A Pinguela de Monforte acolleu unha charla sobre a presenza feminina en sectores masculinizados

O IES A Pinguela de Monforte acolleu hoxe unha charla a escolares no marco da campaña ‘Ti elixes’ para o fomento da presenza feminina en sectores masculinizados.

Nesta charla fíxose fincapé na importancia de elixir unha profesión polas habilidades que se teñan, as capacidades ou as mesmas motivacións, rachando cos estereotipos sobre que non poiden haber mulleres en sectores tradicionalmente ocupados por homes.

Ti Elixes é unha campaña audiovisual que está a desenvolver a Xunta por 75 centros educativos galegos para traballar no eido escolar no cambio de estereotipos de xénero que afectan a determinadas profesións, como é o sector das TIC, con menos presenza feminina. “O que queremos promover é que as profesións non son só de homes ou de mulleres”, apuntou.

A iniciativa, en concreto, estase a realizar en colexios de ensinanza secundaria que estean polo xeral situados próximos a institutos de formación profesional nos que se ofreza cualificación de familias de sectores tradicionalmente masculinizados. Na campaña participa persoal formador especializado en igualdade laboral e mulleres referentes que prestan servizos en sectores masculinizados, e que principalmente estudaron ciclos de FP de construción, metal, vinculados con actividades do mar, de primeira transformación da madeira, das Tics e granito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com