O IES Lois Peña Novo de Vilalba ensaia o uso de enerxía sola nun vehículo e no propio centro

O Instituto de Educación Secundaria (IES) Lois Peña Novo de Vilalba presentou hoxe un innovador proxecto de aproveitamento da enerxía solar desenvolvido ao abeiro do Programa Innova da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O seu obxectivo é demostrar a viabilidade dun vehículo impulsado por enerxía solar e, en colaboración cunha empresa española, realizar as probas dun novo cargador para a súa próxima saída ao mercado.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou que esta iniciativa comezou coa instalación de placas fotovoltaicas na cuberta dun dos talleres, que xa están proporcionando un aforro do 20% no consumo enerxético do centro e unha redución de emisións contaminantes á atmosfera.

O centro avaliará parámetros como o consumo, carga ou duración para demostrar a viabilidade do vehículo solar, e publicará informes que poderán ser consultados por calquera persoa interesada a través do código QR impreso na carrocería.

Ao mesmo tempo, traballa coa empresa privada nun prototipo de cargador que utilizará a enerxía do vehículo como batería, de forma que en caso de emerxencia poida reutilizarse para outros usos, como abastecer puntualmente as necesidades básicas dunha vivenda.

Este é un perfecto exemplo da calidade da Formación Profesional que se imparte en Galicia -destacou Arias-, un traballo rigoroso en colaboración co tecido industrial para avanzar en proxectos innovadores e sustentables”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com